CALCULADORA
O primeiro programa é esta calculadora que permite realizar operacións como: sumas, restas, multiplicacións e divisións. Neste programa para seleccionar os números como as operacións podes axudarte do teclado ou do rato.
XOGO DE ADIVIÑANZAS
O seguinte programa é un xogo que consiste en adiviñar un número, este xogo ten tres niveis diferentes: fácil, normal e difícil. No nivel fácil tes que adiviñar un número do 1 ao 50 con 10 intentos, no nivel normal tes que adiviñar un número do 1 ao 100 con 7 intentos e por último o nivel difícil onde tes que adiviñar un número entre o 1 ao 200 en 5 intentos. O xogo ten unha pequena axuda, cando pós un número o programa indica se o número é maior ou menor.
CALCULADORA DE GRÁFICOS
Este programa xa é moito máis complexo, é unha calculadora que representa funcións. O mesmo que na outra calculadora, os números e operacións poden poñerse desde o teclado ou coa axuda do rato. As funcións vanse representando no gráfico e se queres borrar algunha ou se tamén queres borrar todo, con pulsar nos botóns que hai na dereita xa está.
Ningún comentario:
Publicar un comentario